martes, 1 de xullo de 2014

XVI Encontros para a Normalización Lingüística

Xa se pode consultar en liña o programa dos XVI Encontros para a Normalización Lingüística, que terán lugar os días 24 e 25 de setembro de 2014 no Consello da Cultura Galega.
Nesta edición os Encontros van prestar unha especial atención á reflexión sobre a (non?) política lingüística do Estado español e de Europa e á análise contrastada das evolucións sociolingüísticas das tres linguas cooficiais das respectivas nacionalidades (catalán, vasco e galego) e mais do asturiano, lingua sen recoñecemento oficial. A inscrición realizarase exclusivamente a través do formulario habilitado para este efecto. O prazo de inscrición remata o 14 de setembro de 2014. O 15 de setembro farase pública a listaxe de admitidos.
Nestas ligazóns pódese consultar o programa completo e facer a túa inscrición nos Encontros.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario