xoves, 24 de xullo de 2014

As universiades galegas, preocupadas polo silencio da Xunta sobre o Decreto do Plurilingüismo

As tres universidades galegas, membros da Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística (CIPL), anunciaron hoxe a súa preocupación polo silencio da Xunta ante a proposición de crear unha comisión mixta para avaliar o Real Decreto do Plurilingüísmo aprobado no 2010.

Nun comunicado conxunto, as tres institucións académicas, a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVIGO), recordaron que, con anterioridade, trasladaran á Xunta unha proposta para actualizar este decreto, como consecuencia da anulación xudicial de varios dos seus preceptos.

Nese momento, explican na nota, entendían que era necesario restablecer determinados puntos para garantir o cumprimento deses pronunciamientos xudiciais, e tamén para respectar os preceptos establecidos por outras xurisprudencias, como a Lei de Normalización Lingüística de 1983, o Plan de Normalización do ano 2004, ou a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.

Neste sentido, as tres universidades consideran que os equipos de investigación adscritos a cada entidade podían contribuír a solucionar este aspecto desde a independencia e a través dunha alta cualificación, para facer unha avaliación "seria, transparente e rigorosa", prevista no decreto pero aínda sen executar.

Así mesmo, apuntaron que, polo momento, a Xunta non respondeu a esa petición de crear unha comisión mixta de traballo, un feito máis importante se cabe na actualidade vistos "os síntomas de aparente retroceso" -engadiron-, que experimenta o uso do galego na educación infantil e primaria do sistema educativo da Comunidade.

O texto conclúe que non poden existir motivos para que o Executivo galego "incumpra a obrigación" de realizar esa avaliación, que recolle a propia lexislación, polo que reiteran, "de novo", a súa oferta de colaboración institucional á Xunta nese ámbito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario