O Panasonic E3 funciona cun procesador Intel Atom Z3740D de catro núcleos a 1,3
GHz, 2 Gb de RAM, 32/64 Gb de almacenamento interno, gráfica Intel HD, pantalla
táctil IPS de 10 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, Bluetooth
4.0, NFC opcional, conectividade LTE opcional, 1 porto USB 3.0 na pantalla, un
porto USB 2.0 no teclado, un lector de tarxetas microSD, saída micro HDMI, un
sensor térmico para poder axudar para o uso do equipo no laboratorio e incluso
unha lente de aumento para converter a cámara traseira de 5 Mpíxeles nun
microscopio, cámara frontal de 1,26 Mpíxeles, Wi-Fi N, e batería de 7.600 mAh
(que achegaría unha autonomía de 8 horas, o que sería suficiente para unha
xornada completa de aulas). O tablet ten un grosor de 11,6 milímetros e un peso
de 683 gramos, mentres que se conectamos o teclado teremos un grosor total de
27,8 milímetros e un peso de 1.173 gramos.Polo momento este equipo limitará a súa distribución aos EE.UU., pero non sería de sorprender que durante o vindeiro curso chegue a algún centro educativo español a través dalgunha proba piloto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario