mércores, 23 de xullo de 2014

93 enderezos pioneiros contarán co .gal a partir do 25 de xullo

Noventa e tres son os enderezos que contarán a partir deste 25 de xullo co .gal. Os pioneiros foron presentados publicamente pola Asociación Puntogal esta terza feira (22 de xuño) que subliñou a presentación de máis solicitudes das que podían acceder ao dominio de maneira inicial.
Sermos Galiza atópase entre estas as entidades, asociacións, fundacións e colectivos que, segundo a Asociación, amosaron "o compromiso que existe en odos os sectores da sociedade para que Galiza teña un identificador de seu na Rede".
Na comparecencia de imprensa o presidente de puntoGAL salientou as vantaxes económicas, técnicas e simbólicas que aportará ao país dispor dun identificador de máximo nivel. "Os participantes neste programa son pioneiros de algo tan importante como que neste medio revolucionario que condiciona as nosas vidas Galicia teña un carné de identidade, que a lingua galega teña visibilidade", afirmou González.

Ningún comentario:

Publicar un comentario