INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
luns, 11 de febreiro de 2013
Segunda edición de "Nós tamén creamos!"
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca unha nova edición do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!, en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora.
No marco deste programa, o profesorado dos centros públicos que impartan educación infantil ou primaria recibirá formación e asesoramento para elaborar unha curta de animación coa técnica stop-motion a partir dun dos 14 contos que lles fará chegar OQOeditora.
Os traballos elaborados participarán nun concurso do que se seleccionarán os mellores de cada unha das categorías establecidas: infantil, primeiro ciclo de primaria e segundo ciclo de primaria. Os centros gañadores recibirán un lote de libros de OQO, un regalo fornecido pola CRTVG e mais unha certificación de Premio de Innovación Educativa expedido polo departamento educativo da Xunta de Galicia.
Todas as curtas que realice o alumnado poderanse ver na web da CRTVG, e as premiadas serán emitidas pola televisión sempre que a súa calidade técnica o permita.
O prazo para a presentación das solicitudes de participación remata o 1 de marzo de 2013, e o prazo para entregar as curtametraxes na Secretaría Xeral de Política Lingüística, o 30 de abril de 2013.
Máis información na web da SXPL.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario