A Asociación de Escritores en
Lingua Galega (AELG) anima a toda a cidadanía a festexar o vindeiro 24 de
febreiro o Día de Rosalía, escritora determinante na historia do noso idioma que
restaurou, coa súa obra Cantares Gallegos (1863), o uso escrito do
galego despois de séculos de ocultación.
Ao abeiro desta iniciativa diferentes institucións, concellos e centros de ensino están a organizar actividades para homenaxear a escritora cando se cumpren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos.
Na web da AELG pode consultar as actividades e actos programados.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario