O Tribunal Supremo desestima o recurso contra o modelo educativo catalán
que avalou o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya. A familiaque
interpuxo recurso quería que se mudara todo sistema educativo.
O sistema de inmersión lingüística continuará en Catalunya. O
Tribunal Supremo (TS) desestimou o recurso presentado pola familia que
exixía que mudara e se impuxera a introducción do castelán no seu
sistema educativo.
Queda ratificado, deste xeito, a decisión que tomou o pasado 8 de
marzo de 2012 o Tribunal Superior de Justícia de Catalunya (TSJC) en
relación a este caso. Daquela o alto tribunal aceptou a petición de que
as familias que o solicitaran tiveran a posibilidade de introducir o
castelán como lingua vehicular mais rexeitaba que este aspecto afectara a
toda a rede de ensino de Catalunya.
A reclamación que agora o TS rexeita comezou en 2004 cando unha
familia con nen@s en 2º de ESO e 3º de Primaria solicitou que o castelán
se introducira como lingua vehicular como o catalán. Aliás, exixia que a
documentación que enviaba o centro estivera en castelán. Sentencias e
recursos chegaron ao día de hoxe coa resolución final que acepta a
petición a título persoal mais rexeita que se faga con carácter xeral.
Wert sen argumentos
Desde a Generalitat a satisfacción pola sentenza do TS é evidente. A
conselleira de Ensino, Irene Rigau, sinalou que agora o ministro de
Educación español, José Ignacio Wert, queda sen argumentos para mudar o
sistema. "A memoria da LOMCE di que, posto que a Generalitat non cumpre
as sentenzas, hai que mudar de modelo", sinalou aos medios de
comunicación, "agora ou muda o articulado da lei ou muda o
argumentario".
Ningún comentario:
Publicar un comentario