A Casa da Cultura de Silleda acolle mañá ás 20.00 horas unha charla do
catedrático Jurjo Torres sobre a Lei Orgánica para a Reforma da Calidade
Educativa (Lomce), máis coñecida como Lei Wert. O colectivo Movemento Dezao polo
Ensino Público organiza este acto.
-É necesaria unha reforma apenas 20 anos despois da entrada en vigor da Logse?
-Con esta proposta queda claro que cada goberno intenta facer leis conforme aos seus intereses, provocando ademais unha sensación entre o profesorado de que cada novo sistema non será duradeiro. É máis, Educación propón unha reforma que carece de diagnóstico propio e cuxa única referencia é o informe PISA, que enriba malinterpretar porque. O ministerio non ten en conta que existen comunidades autónomas cuxos resultados educativos están por enriba da media.
-Precisamente, un dos obxectivos que se marca a lei é que os centros alcancen un rendemento académico xa marcado, mediante reválidas. A que conducirá este sistema?
-Sen dúbida, o único que vai conseguir é que alumnos e profesores se esforcen en aprender trucos para superar esas reválidas, algo similar ao que acontecía en COU, cando se preparaban os exames de Filosofía en función de cantas veces caera no Selectivo Marx ou Platón. Sempre se dixo que as familias escollen onde estudan os seus nenos, pero iso é mentira. Coa nova norma será ao revés, porque os centros só quererán a determinados estudantes para manter os seus resultados, de modo que non terán cabida alumnos inmigrantes ou con minusvalideces, condenados a estudar en guetos e con escolas con menos recursos. Esta lei vai ser unha bomba para todo o sistema educativo e terá uns efectos moi perversos sobre os colectivos sociais máis desfavorecidos. Non se pode comparar, por exemplo, un grupo de 20 alumnos dun colexio do Opus Dei, con formación e ámbito similar, cunha clase de 20 alumnos dun centro público con nenos inmigrantes que apenas coñecen o idioma e discapacitados, por exemplo.
-Vostede recorda que en 1983 España tiña unha alta porcentaxe de abandono escolar en nenos de só 9 ou 10 anos. En 1987 o PSOE conseguiu implantar a escolarización obrigatoria ata os 14 anos, que coa Logse pasaría aos 16. A Lei Wert prima os mellores centros e pretende que un neno de 14 anos decida que estudar. Corremos o risco, co tempo, de nenos que queden sen escolarizar?
-Non tanto como iso, pero si existirán novos cunha escolarización inxusta, porque a día de hoxe España xa recortou 6.500 millóns de euros en Educación e en 2015 terá que rebaixar outro punto o seu PIB, co que haberá máis axustes. E, polo tanto, haberá nenos cos seus pais no paro, sen diñeiro para material escolar e libros e, quizais, sen axudas para o comedor. Non podemos esquecer que, segundo un informe da Unesco, en España existen xa 2,3 millóns de nenos que viven por debaixo do albor da pobreza. Está claro que os que redactaron esta lei pensan que todos os rapaces van a colexios como os dos seus fillos.
-Servirán as protestas cidadás para, polo menos, modificar o proxecto?
-Polo menos facémonos oír. O goberno quere equiparar a España con países que, como Finlandia, levan máis de 100 anos investindo moito diñeiro en Educación, ou con Alemaña, que ten unha estrutura industrial moito máis forte que España e que, polo tanto, ofrece un maior mercado de traballo. Finlandia, hai anos, impuxo recortes considerables en Educación e agora cúlpase de ter perdido a formación dunha xeración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario