A CIG denuncia que a Consellaría de Educación pretende amortizar 48
prazas de subaltern@s e auxiliares de centros de ensino que están
cubertas por persoal interino. Unha política na liña do 'ERE encuberto'
iniciado na Consellería de Traballo coa amortización de 251 postos.
O goberno autonómico semella que opta por poñer o turbo na
súa aposta pola regulación de emprego na administración pública. Pouco
despois de que os sindicatos denunciasen a intención de Feijóo de
aplicar un ERE na Consellaría de Traballo, amortizando 251 prazas, a CIG
denuncia que esa mesa pauta quere extenderse a outrios departamentos,
como o de Educación. A central nacionalista denuncia o despedimento de
48 interin@s.
Fernando García, da CIG-Autonómica, considerou que “as declaracións
que fixo Feijoo de que non se ían producir despedimentos da
administración resultan ser falsas”. A isto engade que “nin sequera se
cumpre o recollido no Proxecto de Lei de Orzamentos de amortizar todas
as vacantes sen ocupación, senón que amortizan vacantes que están
ocupadas”.
Consecuencias
A CIG alerta de que isto vai
repercutir sobre a cidadanía, xa que en moitos centros de ensino se vai
ver como hai unha merma nos servizos complementarios, na atención ao
alumnado, na celeridade dos trámites administrativos das secretarías e
na vixilancia e custodia dos centros, entre outras. "É
un deterioro máis no eido do ensino público xa que malia tratarse de
persoal administrativo e de servizos presta un apoio fundamental para
que se desenvolva correctamente a actividade docente”, denunciou García.
Relacionan ademais todo isto co proceso que xa se puxo en marcha na
consellaría de Traballo onde se amortizan un total de 251 prazas das
cales 80 están ocupadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario