A Fundación Curros
Enríquez vai impulsar a creación da Asociación Protectora e de Amigos da
Real Academia Galega. Tomará a decisión formalmente este sábado nunha xuntanza
que se celebrará a partir das once da mañá na casa do poeta en Celanova.
O obxectivo máis inmediato é que a RAG poida acadar un orzamento anual dun millón de euros mediante a posta en marcha dun sistema semellante ao crowdfunding ou financiamento colectivo: así, 15.000 galegos aborían cotas de 10 euros, a fin de lograr a suma de 150.000 euros; e a isto sumaríanse as achegas que está previsto que realicen os concellos galegos: 100 euros, os que teñen menos de 5000 habitantes; 200 euros, os que teñen entre 5001 e 10.000; 300, os que teñen entre 10.001 e 20.000; 500, os de máis de 20.000; e 1000, as sete grandes cidades de Galicia.
A Fundación Curros Enríquez realizará unha convocatoria sectorial para a constitución formal da Asociación Protectora e de Amigos da Real Academia Galega, aberta a persoas a nivel individual e mais a representantes de colectivos culturais, sociais, empresariais, etc., co fin de redactar a acta de constitución e posteriormente facer unha convocatoria pública nun acto que se realizará na sede da RAG a xeito de asemblea constituínte.
Información tirada de Faro de Vigo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario