Hai unhas semanas, naquela famosa asemblea improvisada ás portas do Salón Teatro -pola negativa da Consellaría a ceder o uso deste espazo público- Antonio Durán Morris afirmaba
que “hai dúas formas de morrer. Morrer aos poucos, en silencio, ou
demostrar que estamos a morrer e que importa". O sector das artes
escénicas propúxose dar a coñecer a situación límíte
e denunciar a falta de resposta por parte da Xunta. E vaia que o fixo:
dende entón realizou -por fin- a anunciada asemblea no Salón Teatro ocupándoo ao remate dunha representación, deixou oír a súa voz no Parlamento
e este luns pola noite tentou realizar un peche na sede de AGADIC, no
Gaiás. O peche foi finalmente desaloxado pola policía pero esta mañá os
traballadores e traballadoras do teatro, da músíca, do círco ou da danza
de Galícía expuxeron as súas reivindicacións ás portas da institución e
anunciaron novas mobilizacións.
As reivindicacións son as mesmas que levan xa meses repetindo, co
agravante do paso do tempo e de que dende o Goberno galego séguese sen
achegar unha solución. A Plataforma Galega das Artes Escénicas
denuncia que o sector está paralizado e en vías de desmantelamento pola
paralización das catro principais redes de distribución: rede galega de
teatros, rede galega de música ao vivo, rede galega de salas e Camiños
da Cultura. Sen elas non hai espectáculos escénicos na meirande
parte de Galicia e sen elas non hai traballo para os centos de persoas
que fixeron destas artes a súa profesión. E o que debera estar aprobado
hai xa moitos meses aínda nin se albisca. Está habendo movementos porque
ás salas se lles está dicindo dende a Xunta que vai haber espectáculos,
pero non din nin cando nin con que orzamentos se van abrir.
O pasado martes de Entroido a Consellaría citou a algúns dos
representantes do sector -non a todos- e nesa reunión non houbo resposta
ás demandas da Plataforma: "Todo se fiaba á aprobación dos
orzamentos e ao nomeamento sen data do novo director de AGADIC. A falta
de Orzamentos non é excusa e tampouco o é que nos digan que non hai
director", di Salvador del Río que denuncia tamén o atraso dun
ano nos pagamentos: "Non se pode traballar con esta incerteza. Estamos
traballando sen saber cando imos cobrar". Outros integrantes da
Plataforma engaden que Feijoo "mentiu dicindo que Galicia non tiña
débeda. Se cadra non a ten cos mercados pero si que a ten con nós cos
seus usuarios e clientes".
A Plataforma denuncia que na base deste desmantelamento do sector das
artes escénicas galegas está a procura "dun cambio de modelo para a
cultura en Galicia". A Consellaría estaría promovendo "un novo
modelo para atender os grandes fastos e os grandes mausoleos en vez de
potencíar a cultura que se fai día a día ou de potencíar as bibliotecas
de cada localidade". E conclúen: "pedimos un plan, o mesmo que
se fixo un plan estratéxico para o Gaiás. Solicitamos que non se
hipoteque a cultura nas rúas e nas cidades".
A Plataforma das Artes Escénicas e Musicais volverá
concentrarse este xoves con motivo da celebración da cerimonia de
entrega dos Premios á Cultura Galega que terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia. O colectivo está convocando a unha concentración na rotonda de acceso ao mausoleo do Gaiás ás seis da tarde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario