Do mesmo xeito que aconteceu en Vigo (este venres 7 e tamén da man do dito Colexio, como fixemos saber onte dende Código Cero), Ourense súmase á programación informática a través dos cursos de Scratch promovidos polo CPETIG, unha experiencia na que xa participaron en edicións anteriores 95 rapaces de Coruña e 60 de Santiago.
Indo á sesión ourensá, esta levarase a cabo de 9.30 a 14 horas nas instalacións da ESEI, está estruturada en dous niveis que se desenvolverán de xeito simultáneo: un para rapaces (acompañados de pais ou nais) e outro para docentes (profesorado non universitario, colexiados do CPETIG e do CPEIG), co obxectivo de difundir os valores da programación informática na comunidade escolar.
En total, a sesión dará acubillo a 60 participantes, entre escolares e adultos.
A participación no taller supón, tanto para docentes como para escolares, a aprendizaxe da utilización de Scratch como factor creativo e motivacional, utilizado con obxectivos didácticos. O Scratch é unha ferramenta baseada en pezas que se encaixan e que serven para construír pequenos programas que permiten iniciar ao alumnado na linguaxe de programación dun xeito doado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario