Un estudo do Foro Económico de Galiza revela que fecharon ou trasladaron 1.505 destas firmas entre 2007 e 2014.
O profesor da Universidade de Vigo e experto en innovación industrial, Xosé H. Vázquez, analiza os problemas e virtudes da innovación nas empresas galegas nun documento que publica o Foro Económico de Galiza
e que vén de ser presentado. O traballo sobre a innovación empresarial
galega revela que, durante a recesión económica (2007-14) Galiza perdeu o
60% das súas empresas innovadoras (1.505 empresas pechadas ou
trasladadas), o que sitúa o numero actual deste tipo de compañías en tan
só 997.
Nos indicadores de alta tecnoloxía, Galiza presenta 106 empresas manufactureiras e 147 de servizos, cun gasto en I+D+i conxunto de 125 millóns de euros en 2014. O mesmo indicador referido ao País Vasco sinala un investimento de 698 millóns de euros (cinco veces máis) en 773 empresas.
O estudio detalla que o 17,4% das empresas galegas dispoñen dalgunha Tecnoloxía Facilitadora Esencial (TFE), se ben a metade están no sector de industrias manufactureiras. No gasto medio das empresas innovadoras, Galiza é 7ª no ránking do Estado, se ben o índice de innovación sitúa nos dous primeiros postos a industrias de productos químicos e de maquinaria, moi por diante de sectores máis disruptivos como información e coñecemento, reciclaxe, loxística, organización ou márketing.“A innovación das empresas galegas non está orixinada tanto na I+D como nun proceso de aprendizaxe e combinación de outras innovacións nas propias empresas”, subliña Xosé H. Vázquez.
Achegas e propostas
O Foro Económico de Galicia propón duplicar o investimento en innovación en Galicia, tanto público como privado, mais cambiando o modelo: centrar a innovación en sectores disruptivos e non obsolescentes; e aplicar máis investimento á innovación non tecnolóxica (organización, sistemas de información, loxística, reciclaxe,…).

Ningún comentario:
Publicar un comentario