O
Observatorio da Cultura Galega do CCG (Consello da Cultura Galega)
vén de presentar os datos do informe
O
libro e a edición en Galicia 2016, dispoñíbel
en formato PDF.
Nel faise constar, entre outras cousas de interese, que en
2015 editáronse en Galicia un total de 2266 libros, segundo os datos
do ISBN, 338 libros menos que en 2014. O informe sinala a unha caída
de preto do 25% no último quinquenio, unha cifra que contrasta co
caso estatal no que incrementouse o número de títulos. Os datos,
amais, sinalan que o número de libros publicados en galego descendeu
un 43,8% no período 2008-2015, perdendo máis de mil títulos dende
aquela até hoxe, “agás unha alza notábel en 2010”. Por
formatos, no informe dise que un 82,7 %
do total dos libros inscritos en Galicia no ISBN en 2015 foron
editados en papel. A edición noutros soportes (17,3 %) baixou 5
puntos porcentuais respecto ao ano anterior.
Neste
período (2014),
os formatos dixitais amosaran un medre significativo que, polo
contra, deuse esvaecido en 2015. Segundo se di no informe, esta caída
dáse de fronte “coa
estabilidade dos datos estatais nos últimos dous anos”. Así,
no
conxunto de España mantéñense os marcadores tanto dos libros en
soporte papel como noutros soportes.
O
Consello da Cultura Galega publicou o informe no que figuran estes e
outros moitos datos co motivo da súa presenza na Feira Internacional
do Libro (LIBER), en Barcelona, onde comparte emprazamento cos outros
membros da UNE (Unión de Editoriales Universitarias Españolas). Os
datos do informe son subministrados polos informes
Estadística de
la edición española de libros con ISBN e
Panorámica de la
edición española de libros e a partir deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario