Mobilizacións, mocións en concellos, entrega de cabazas ao conselleiro... a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) anunciou un amplo calendario de accións.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP)
anunciou que manterá as mobilizacións e protestas até acadar que se
derrogue a LOMCE e as reválidas. O voceiro da plataforma, Anxo Louzao,
anunciou que se vai continuar coa recollida de sinaturas contra a LOMCE e
as reválidas e con charlas informativas nos centros educativos. Canda
isto, engadiu, presentará mocións nos concellos e solicitará entrevistas
cos grupos parlamentarios, ademais de accións concretas nas redes
sociais.
Esta quinta feira, día 13 de outubro, realizará un acto simbólico, coa entrega no rexistro de cabazas para a consellaría de Educación e o seu titular, polo seu “inmenso suspenso pola súa obstinación en aplicar as reválidas”.
Para o día 20 de outubro convocaranse concentracións de alumnado e profesorado nos centros de ensino, durante a hora do recreo, para amosar o seu rexeitamento á LOMCE coincidindo coa celebración dun referendo convocado por Erguer –que forma parte da PGDEP. Ademais pedirase aos centros que penduren en lugares visíbeis pancartas co lema “Nin reválidas nin LOMCE”.
Argumentos
Louzao denunciou que a consellaría de Educación é unha administración “submisa” aos mandatos do Ministerio de Educación, toda vez que xa hai administracións educativas que anunciaron que non implantarán as reválidas. Considera un “desatino” pór en marcha unhas probas que van afectar ao alumnado de 4º da ESO e ao de 2º de Bacharelato, porque non saben aínda en que van consistir e porque, ademais, no caso de bacharelato, serán necesarias para acceder á universidade.
Diante disto, asegurou que “a PGDEP reafírmase en que se teñen que paralizar estas probas, sobre todo cando xa houbo un amplo rexeitamento, con máis dun 80% de familias que non levaron os seus fillos a realizar estas probas tanto en terceiro como en sexto de primaria”. Louzao alertou de que en 2018 as reválidas si terán valor académico e que será necesario superalas para obter os títulos. “Isto supón un prexuízo para o alumnado e atenta contra a igualdade de oportunidades porque os máis afectados serán os alumnos e alumnas das clases populares, que terán máis dificultades para acceder a niveis superiores no sistema educativo”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario