O polo de innovación dixital para o sector agro-alimentario galego da
Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro Tecnolóxico
Gradiant (iniciativa
da que falamos os días pasados, avanzando algúns detalles da mesma)
presentábase hoxe no Campus de Lugo, máis polo miúdo na Casa do
Saber. Á
estrea asistía o director da Área de Solucións Tecnolóxicas
Sectoriais da Axencia
para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Carlos
Vázquez, quen aproveitou a cita para debullar a orixe e
obxectivos do Programa Primare. Este é froito da colaboración da
AMTEGA e das Consellerías de Medio Rural e Mar. A súa finalidade é
promover a innovación dos sectores primarios galegos.
Segundo
fixo saber, o programa aplicará as TIC ao desenvolvemento de
solucións intelixentes para mellorar os procesos de explotación,
xestión e produción agrícola e pesqueira co fin de aumentar a
competitividade destes sectores, mellorar o seu acceso e
posicionamento nos mercados, previr a fraude, garantir a
calidade, seguridade e rastrexabilidade dos produtos.
Emporiso,
para acadar estas metas, Primare considera a creación dunha
plataforma tecnolóxica sobre a que se desenvolverán os distintos
servizos e soluciones TIC para cada sector.
No
eido agrario, o desenvolvemento da plataforma levarase a cabo polo
procedemento de Compra Pública Innovadora, cuxo primeiro paso foi a
apertura o pasado 26 de setembro da consulta preliminar ao mercado.
Logo definiranse os proxectos concretos
e abrirase o período de licitacións públicas para obter a solución
tecnolóxica máis axeitada. A finalidade neste sector é
desenvolver a tecnoloxía oportuna para avanzar cara a unha
agricultura dixital. A plataforma dotará de novas ferramentas
tecnolóxicas a produtores e xestores.
Isto
será posíbel grazas ás innovacións en tecnoloxías de Big
Data, sensorización e uso de drons.
En
canto ao ámbito marítimo, dicir que xa comezou o proceso de
dixitalización das lonxas, que terán na plataforma tecnolóxica de
Primare o acceso a un sistema de pesada, clasificación e poxa,
informatizando a xestión dunha información que se estaba a realizar
de xeito manual. Esta actuación verase traducida nunha axilización
destes procedementos, posibilitará as poxas en liña e mellorará a
comercialización. Iniciarase en preto de media ducia de lonxas a
través dunha fase piloto e irase estendendo ao resto das rulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario