Os participantes serán os nosos centros educativos, que terán até o 22 de xaneiro para presentaren as súas exposicións sobre a obra, a vida ou o contexto histórico do autor de Vento ferido. As achegas recoñecidas difundiranse arreo dende o Portal da Lingua Galega.
Segundo informa a Secretaría Xeral de Política Lingüística, os colexios e institutos participantes na elaboración destas achegas recibirán un premio en metálico por importe de 2.000 € e, por primeira vez, o profesorado obterá un certificado de premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado, ou 30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto gañador.
Homenaxe a Carlos Casares
O pasado verán, o pleno da Real Academia Galega acordou adicar o Día das Letras Galegas de 2017 a Carlos Casares Mouriño. Narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural, Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) é, en palabras da Academia, “unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX”. Foi autor de libros tan referenciais como Vento ferido, Ilustrísima, Xoguetes para un tempo prohibido ou Os escuros soños de Clío, amais dunha novela póstuma, O Sol do verán, que está considerada unha das obras cume das nosas letras no século XXI (foi Premio da Crítica en 2002).
Ningún comentario:
Publicar un comentario