Campaña da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en contra das Reválidas e da LOMCE
Nesta nova podedes ver e ASINAR o
manifesto "NON AS REVÁLIDAS" así como o resto de documentación da
Campaña da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público contra as
Reválidas e a LOMCE. Tamén atoparedes un CIG Informa da CIG Ensino sobre
a campaña #NinReválidasNinLOMCE. A PGDEP propón que se amose o
rexeitamento ás reválidas con concentracións diante dos centros durante o
recreo o 20 de outubro e participando nas convocadas para o mércores
26. Consulta no interior as horas e lugares de realización.
20 de outubro: Concentracións durante o recreo
26 de outubro PAREMOS AS REVÁLIDAS
Concentracións:
ás 18:30 horas:
Pontevedra Praza da Peregrina
ás 19 horas:
26 de outubro PAREMOS AS REVÁLIDAS
Concentracións:
ás 18:30 horas:
Pontevedra Praza da Peregrina
ás 19 horas:
- Compostela Praza Roxa
- Vigo Farola de Urzaiz (Rúa do Príncipe)
- Lugo Ronda da Muralla (diante do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes)
- A Coruña Praza de Pontevedra (diante do IES Eusebio da Guarda)
- Ferrol Praza de Armada García (diante do edificio da Xunta)
- Ourense Xardíns do Pai Feixoo
- Carballo Praza do Concello
- Cee Praza 8 de Marzo
Asina o Manifesto: “NON ÁS REVÁLIDAS”
- O estabelecemento da proba xeral en 3º e 6º de Primaria e as reválidas en 4º da ESO e en bacharelato, que son requisito imprescindíbel para conseguir os títulos correspondentes, pretenden pór as maiores trabas posíbeis para a continuación dos estudos. Responden, exclusivamente, a unha concepción totalmente clasista e elitista da educación e contribúen a excluír o alumnado máis desfavorecido socialmente do dereito á educación, cando xa hoxe o ensino público carece de elementos compensatorios para facer efectivo e real o principio de igualdade de oportunidades.
- É unha tiranía exixirlle ao alumnado que se xogue o seu futuro académico co resultado dunha reválida. É unha aberración, desde o punto de vista pedagóxico, sometelo a unha presión innecesaria, mediante probas que o vai avaliar baixo estándares uniformizadores, sen considerar a educación como un proceso no que hai que considerar as circunstancias persoais e socioeconómicas e as capacidades e actitudes do alumnado.
- Só avalían certas áreas de coñecemento, menosprezando a adquisición doutras competencias, destrezas e habilidades do campo artístico e musical e refusando o ensino da nosa historia e medio natural, imprescindíbel para a formación integral do alumnado.
- Recentralizan o sistema educativo, dado que a elaboración e deseño das probas, os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliábeis serán fixados polo Ministerio de Educación, rexeitando así o estudo e coñecemento de todo o que nos conforma como pobo galego.
- Desprezan a avaliación continua e a opinión do equipo docente, cando ninguén mellor que o titor ou titora ou o equipo docente para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades do alumnado, así como dos medios, recursos e apoios necesarios para mellorar a aprendizaxe e o rendemento escolar.
- Subestiman e desconfían do traballo do profesorado que estará totalmente sometido e condicionado a orientar o seu traballo docente a preparar o alumnado para a obtención da mellor nota posíbel na avaliación final, marxinando outros aspectos educativos fundamentais para acadar unha formación o máis completa posíbel.
- Responden á pretensión de conformar rankings de centros, segundo os resultados destas avaliacións e sen ter en conta as características do alumnado e os servizos cos que conta o centro, co obxecto de ir configurando unha rede elitista que contará con máis medios e recursos
- Pretenden ir afirmando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que excluirá os sectores máis desfavorecidos da educación e asentará unha estrutura curricular ao servizo do neoliberalismo.
- Continúan cunha desconsideración absoluta co alumnado con necesidade específica de apoio educativo, co profesorado que os atende e coas súas familias deixando á improvisación todo o relacionado coa organización das probas para este colectivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario