Perdemos máis de 4.100 Has de cultivos e 15.300 de arborado en apenas seis anos.
A perda de superficie agraria é un problema
importante no noso país, unha perda que sae cara e vén da man en grande
media do abandono, cando non desertización, do rural. O portal Campo Galego
informe que Medio Ambiente activou un sistema que permite seguir a
evolución dos usos e coberturas do solo, e o visor confirma un
incremento do abandono das terras agrarias e forestais. Perdemos
superficie cultivada e superficie arborada mentres aumenta a superficie
abandonada. Co que iso implica: desde desaproveitamento (mentres Galiza
importa alimentos) a facilidades para incendios forestais.
Entre 2005 e 2011, informa Campo Galego, perdemos en galiza 4.200 hectáreas de terreos cultivados e perto de 15.400 de arborado. En troca, nese mesmo período aumentou en máis de 34.000 hectáreas a superficie de mato, de terreos antes produtivos e que agora están abandonados.
Desaproveitamento
Organizacións como Fruga, Sindicato Labrego Galego (SLG) ou Adega teñen denunciado esta perda de superficie agraria útil en máis dunha ocasión. Así, o SLG salienta que apenas o 24% do territorio galego ten uso agrícola, fronte ao 40% de países máis desenvolvidos, como pode ser o caso de Francia. Citan un estudo da Universidade de Compostela para nos lembrar que na Galiza perdéronse desde 1985 unhas 265.000 hectáreas de superficie agraria útil.

Ningún comentario:
Publicar un comentario