Coincidindo coa apertura do curso en FP por parte da raíña Letizia e do ministro de Educación
A CIG-Ensino concentrouse na mañá deste
martes en Mondoñedo para exixir a derrogación da LOMCE e a eliminación
das reválidas e denunciar os recortes no ensino público. A protesta
realizouse coincidindo coa apertura oficial do curso na FP por parte da
raíña Letizia e do Ministro de Educación no IES San Rosendo.
A razón desta concentración de delegados e delegadas da
CIG-Ensino con motivo da inauguración oficial da FP é a de amosar o máis
contundente rexeitamento á LOMCE e ás reválidas e exixir a súa
paralización. Unha petición demandada maioritariamente polo conxunto da
comunidade educativa galega, tal e como demostrou a insubmisión ás
reválidas de 3º e de 6º de Primaria o curso pasado, cando o 80% das
familias non mandaron aos seus fillos e fillas a realizar estas probas.
“A situación preséntase moito máis complicada este curso pola implantación das reválidas de 4º ESO e de 2º Bacharelato, que no caso desta última, vai ser a proba de acceso á universidade. Pero a esta altura non se coñecen nin as características, nin o deseño, nin o seu contido”, explica Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino.
Louzao valorou que o acto celebrado en Mondoñedo “amosa a hipocrisía do PP, que organiza a inauguración do curso nun centro público mentres manteñen unha aposta descarada polo ensino privado”. Neste sentido lembrou que neste curso pecharon 64 unidades e 13 escolas no ensino público e hai 38 unidades máis na privada.
Impedimentos para exercer os dereitos
Por outra parte Anxo Louzao tamén denunciou “os impedimentos que se nos puxeron para exercer os dereitos á liberdade expresión, xa que se nos obrigou a cambiarnos de lugar e se nos identificou a todos e a todas malia que tiñamos solicitado o permiso para concentrarnos. É unha mostra máis de como coa Lei Mordaza intentan acalar todas as protestas e as voces discordantes contra a LOMCE e a política educativa do PP”.
Anxo Louzao subliñou que a CIG-Ensino non vai deixar de exixir que se paralice a aplicación da LOMCE e das reválidas porque é “unha irresponsabilidade, e un despropósito, que se siga adiante con elas cando a estas alturas e co curso iniciado non se sabe en que van consistir as novas probas”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario