Os últimos datos da Enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías de información e comunicación nos fogares,
publicada esta semana, amosan que a porcentaxe de usuarios/as de
Internet en Galicia segue a estar seis puntos por debaixo da media
española, unha diferenza semellante á que se rexistraba hai unha década.
Mantense, pois, unha fenda de uso, que si se foi pechando nos
equipamentos e conexións: a proporción de fogares conectados por banda
larga -a 3 puntos do dato estatal- si reduciu parte da marxe, que hai
tan só cinco anos era de nove puntos.
Segundo estes últimos datos, publicados polo INE, o 74,6% dos galegos e galegas usaron Internet nos últimos tres meses, fronte a unha media de 80,6% para o conxunto de España. Estes números sitúan a Galicia como a comunidade autónoma menos conectada, mesmo por debaixo de Estremadura, Asturias e Castela-León, que se sitúan inmediatamente por diante. Entre ese 74,6% de internautas, o 79,4% emprega a rede a diario, unha proporción semellante pero tamén inferior á media española (82,9%).
Galicia tamén se sitúa por debaixo da media na proporción de persoas que mercan a través de Internet: o 30,4% fíxoo no último trimestre, a catro puntos do dato global para España (34,9%). Porén, neste caso Galicia non fica no derradeiro lugar, amosando un mellor comportamento que Estremadura, Andalucía, Canarias, Castela-León ou A Rioxa.
Mentres que os datos de usos aínda amosan sa fenda, semella que a diferenza é menor en canto aos equipamentos. O 78% dos fogares galegos teñen conexión a internet por banda larga, só tres puntos por debaixo da media española. Neste caso, Galicia mellora o dato de Castela-León, Castela-A Mancha ou Cantabria.

Ningún comentario:
Publicar un comentario