xoves, 6 de outubro de 2016

Plurilingüismo no Estado español... o que?

Unhas xornadas analizan no CS O Pichel, Compostela, a situación das diferentes linguas baixo o encadramento xurídico español. 

'Plurilingüismo espanhol. Um pesadelo de estado. Estratégias para sobreviver num estado linguicida' é o título das xornadas que van decorrer no centro social A Gentalha do Pichel os vindeiros 14 e 15 deste mes. O obxectivo é analizar e debater sobre a situación concreta das linguas que non son o castelán dentro do encadramento xurídico español e facéndose unha pregunta: é posíbel a supervivencia deses idiomas nese marco institucional e normativa ou ben ese marco leva á desaparición paulatina desas comunidades lingüísticas?
Para dar resposta a esta pregunta participan nas xornadas diferentes relatores. Tomarán parte desde a Escuela dáragonés Nogara até Juan Carlos Moreno Cabrera, catedrático de Lingüística da Autónoma de Madrid, pasando polo avogado Héctor López ou Carme Junyet, da Universidade de Barcelona, e Francisco Moscoso, da UAM. Jon Sarasua (Universidade de Mindragón) e María Vila Verde, activista da Semente, poñerán o ramo a estas xornadas, nas que tamén haberá unhas regueifas para a clausura.
Falarase de linguas como o aragonés, dos mecanismos ideolóxicos de substitución lingüística, do árabe de Ceura, das escolas semente e as ijastolas, do árabe de Ceuta... Un completo porgrama que podes coñecer aquí.
As xornadas de análise para o ensino popular organízanse por quinto ano consecutivo. Naceron co obxectivo de xerar pensamento e debate en torno a unha iniciativa como as escolas Semente.
 https://youtu.be/mPA-ua3Z-rY

Ningún comentario:

Publicar un comentario