O 26
de setembro daba comezo o programa
Unha
enxeñeira ou científica en cada cole,
organizada pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC e o Concello
de Santiago a través do Departamento de Igualdade, no que
participaban seis colexios composteláns:
Lamas de Abade, López Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rodríguez
Xixirei, Pío XII e Vite. Esta proposta tiña como principal
obxectivo dar a coñecer ás enxeñeiras e científicas para crear
referentes femininos e incentivar a presenza de rapazas en carreiras
relacionadas coas disciplinas coñecidas como STEM (Ciencia,
Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), tradicionalmente asociadas
ao mundo masculino. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento
Económico e Turismo, Marta Lois, visitaba o venres pasado o último
dos obradoiros impartidos, que levaba por nome: Buscando
estrelas.
A
encargada de impartilo no CEIP Pío XII era a profesora de Astronomía
da USC Josefina Ling. Marta Lois estivo acompañada da vicerreitora
de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Dolores
Álvarez Pérez.
E indo ao miolo do programa, cómpre dicir que
estaba formado por 19 obradoiros didácticos encamiñados ao alumnado
de 5º e 6º de primaria dos seis colexios públicos xa citados, nos
que se amosaba a relación da ciencia e das tecnoloxías coa nosa
vida cotiá co fin de achegar ao alumnado a estas disciplinas dun
xeito lúdico.
As temáticas foron moi
variadas: programación, supercomputadores, física divertida, xogos
coa luz, informática visual aplicada á bioloxía, astronomía,
pegada ecolóxica, realidade virtual e aumentada ou intelixencia
artificial, entre outras e as encargadas de impartilos foron
científicas e enxeñeiras da Universidade de Santiago e do Centro de
Supercomputación de Galicia (CESGA).
Ningún comentario:
Publicar un comentario