mércores, 17 de febreiro de 2016

Xa é oficial: Twitter estrea a nova cronoloxía

Nas últimas semanas estívose a falar moito de dous cambios de relevancia en Twitter: a chegada das mensaxes de máis de 140 caracteres e unha nova cronoloxía para o noso timeline. Malia que ambas están confirmadas por importantes persoeiros da empresa, só unha delas vén de facerse oficial: a nova cronoloxía.
A diferenza de outras redes, se hai algo que caracteriza a Twitter desde o seu nacemento é a orde cronolóxica na que aparecen as mensaxes. Isto permite que todos os tweets sexan, neste aspecto, igualmente relevantes.
Porén, coa chegada da nova cronoloxía Twitter empregará algoritmos semellantes aos de Facebook para posicionar contidos que eles consideran máis relevantes en primeiro lugar, e a continuación todo o resto de mensaxes, xa en orde cronolóxica inversa. Isto vén a ser algo semellante a unha funcionalidade de destacado de tweets que apareceu hai meses, aínda de maneira máis clara.
Por sorte, polo de agora será algo opcional, pero vista a evolución das “características opcionais que se volveron obrigatorias”, non sería de extranar que con esta pasase o mesmo. Que pensades? Gústavos este tipo de contidos destacados en Twitter?

Ningún comentario:

Publicar un comentario