luns, 22 de febreiro de 2016

O tradutor de Google incorpora corso, frisio e gaélico-escocés e supera os 100 idiomas (entre eles, o galego)

A ferramenta en liña acaba de incorporar 13 novas linguas, entre elas varias das cualificadas como 'minorizadas'.

O tradutor automático en liña de Google vén de incorporar trece novas linguas, entre elas o corso, o frisio, o hawaiano, o curdo ou o gaélico-escocés. Con esta engádeda, a ferramenta de tradución supera a barreira das 100 linguas dispoñíbeis- O samoano, o lexemburgués, o amárico (falado no norte e dentro de Eiopía) ou o xhosa (lingua de case 8 millóns de sud-africanos) tamén foron incorporadas estes días á ferramenta en liña de tradución.
Os criterios para escoller as novas linguas son que sexan idiomas escritos e que exista un “número significativo” de traducións no novo idioma en internet. Así, segundo Google, as máquinas poden “aprender” a lingua pois escanean en internet millóns de textos xa traducidos e identifican patróns estatísticos a unha gran escala. A dispoñibilidade ou non destas traducións preexistentes explica que nunha mesa ampliación se incorporen idiomas con moitos falantes (curdo, máis de 30 millóns) ou con menos forza (corso, 200.000).
En Google translate xa figuran outras linguas 'minorizadas' como son o galego, o euskera, o catalán, o galés, o maorí ou o gaélico-irlandés.
Info tirada de Nationalia

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario