xoves, 11 de febreiro de 2016

Campaña de CEAPA para esixir ás autoridades educativas información sobre as medidas que se van a adoptar respecto dos resultados da Avaliación Final de Primaria

CEAPA esixe información ao MECD sobre o resultado das consultas realizadas ás Comunidades Autónomas nas que se estableceron os criterios de avaliación e as características xerais das probas para todo o sistema educativo español co obxectivo de asegurar criterios de avaliación comúns.
CEAPA xa realizou unha campaña en contra da Proba de Terceiro de Primaria por ter serias dúbidas sobre o seu obxectivo real e adopta a mesma posición respecto da Avaliación Final Primaria, xa que o modo no que pretende levar a cabo non serve para realizar unha análise seria e rigorosa das necesidades do sistema educativo nin do alumnado ao que pretende avaliar.
O MECD, co argumento de comprobar o grao de adquisición de competencias, e de de medir a calidade do sistema educativo, impón a través da LOMCE a realización por parte do alumnado dunha proba externa que pode ter consecuencias prexudiciais para o alumnado cuxos resultados non resulten satisfactorios segundo os criterios acordados, e que ademais poden ser distintos segundo a titularidade do centro no que se atope escolarizado.
O MECD emitiu unha nota de prensa na que trasladaba información da que CEAPA ten serias dúbidas respecto das consecuencias que terá a non superación satisfactoria da Avaliación Final de Primaria, xa que asegura que non condicionará o paso do alumno ou alumna á Educación Secundaria obrigatoria, cando a LOMCE recolle claramente que "O alumno ou alumna accederá ao curso ou etapa seguinte sempre que se considere que logrou os obxectivos e alcanzou o grao de adquisición das competencias correspondentes. Atenderase especialmente aos resultados da avaliación individualizada ao finalizar o terceiro curso de Educación Primaria e de final de Educación Primaria".
CEAPA ten claro que esta proba non beneficiará en nada aos nosos fillos e fillas, nin aos centros, e en cambio supoñerá unha situación que altera o normal desenvolvemento da vida do centro xa que se dedicará tempo e recursos na súa preparación, en detrimento de outras actividades formativas.
A LOMCE impón a realización desta proba, cuxos resultados poderían servir para tomar decisións sobre a educación dos nosos fillos e fillas, indicando dunha forma pouco clara que “de resultar desfavorable esta avaliación, o equipo docente deberá adoptar as medidas ordinarias ou extraordinarias máis adecuadas.”
CEAPA, a través das súas federacións e confederacións, inicia unha campaña para esixir ás autoridades educativas que informen sobre o funcionamento da Avaliación Final de Primaria.
En concreto, tal e como xa se solicitou ao MECD, sobre os seguintes aspectos:
  • Que Comunidades Autónomas informaron sobre a súa intención de realizar avaliacións de diagnóstico e cales presentaron recurso contra a realización da Avaliación Final de Primaria.
  • Pautas acordadas sobre os criterios de avaliación e as características xerais, procedemento para informar á nai, pai, titor/a legal do alumnado exento da realización das probas, medidas que deberán adoptar os centros segundo a súa titularidade, espazos, medios e recursos a utilizar para a preparación da proba e materias afectadas.
  • Pautas dadas aos centros que pidan información de contexto e de recursos a través de cuestionarios a cumprimentar por parte das familias mediante os cales van obter información relativa ao nivel de estudos e situación laboral dos pais e recursos do fogar, cumprindo a LOPD e garantindo o anonimato.
  • Instrucións dadas ás direccións dos centros educativos sobre as medidas que se van a adoptar segundo os resultados da devandita proba. No caso de que a avaliación Final de Educación Primaria dun/a alumno/a resulte desfavorable segundo os parámetros de corrección da mesma, as medidas ordinarias ou extraordinarias recomendadas aos equipos docentes, a forma na que afectará o seu expediente e “outras medidas” posibles.
  • No caso de que a avaliación do grupo de alumnos/as de sexto de Educación Primaria resulte maioritariamente desfavorable segundo os parámetros de corrección da mesma, medidas acordadas referidas ao profesorado.
  • Medidas acordadas para garantir o dereito do alumnado a unha avaliación obxectiva que valore a súa dedicación esforzo e rendemento (dando que van ser realizadas por docentes de centros distintos).
  • Medidas acordadas para a difusión dos resultados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario