xoves, 18 de febreiro de 2016

O IES Laxeiro concursa con dous equipos no Parlamento Xove

O Laxeiro é o único instituto da comarca dezana que participará na edición deste ano do Parlamento Xove. O IES lalinense competirá con dous equipos, ambos na categoría de Bacharelato. Os rapaces enfróntanse o 4 e 5 de marzo á fase clasificatoria, á que acoden unha trintena de equipos e na que pasarán a criba oito grupos. A proba terá lugar no Centro Residencial Docente da Coruña, en Culleredo, e versará sobre se o papel do profesor determina o futuro dos mozos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario