mércores, 3 de febreiro de 2016

A nova organización estudantil nacionalista nacerá o 6 de marzo

Comités, Liga e Agir preparan a asemblea constituínte da que xurdirá un novo axente para o estudantago galego.

Após o proceso Asembleas de base que Comités, Liga e Agir puxeron en andamento en setembro de 2015, este mes de marzo nacerá a nova organización estudantil do nacionalismo galego.
Será o resultado dunha asemblea constituínte que terá lugar o día 6 e na que se asentarán as bases deste novo axente que visa ser "nacional, popular, feminista, asembleario e combativo", sinalan nun comunicado de imprensa.
Este será o remate dun proceso encamiñado a conseguir a "unidade orgánica" entre as tres organizacións que xa viñan desenvolvendo unha acción conxunta nos últimos anos coa convocatoria de greves e mobilizacións de maneira conxunta.
Agir, Liga e Comités sinalan que a nova organización será "popular, feminista" e "combativa
"Continuaremos na rúa e nas escolas loitando contra a Estratexia Universitaria e o 3+2, por unha universidade única galega ao servizo das estudantes, e non das grandes empresas; contra a LOMCE e a españolización do alumnado, por un ensino galego, público e de calidade; contra o adoutrinamento e o ensino patriarcal, o feminismo como ferramenta. Desde a futura organización, loitaremos por un ensino ao servizo do pobo e para o pobo", afirman no comunicado conxunto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario