Mañá
ábrese
o prazo de matrícula a varios cursos de formación que completan a oferta de
obradoiros de Extensión Universitaria que se desenvolven na Aula Tecnolóxica da
Casa das Campás e na Aula de Informática da Facultade de Ciencias Sociais e da
Comunicación de Pontevedra, e que abordan distintos ámbitos tecnolóxicos como a
dixitalización de negocios, a protección de datos, o
marketing dixital ou a creación de videoxogos, sendo todas
actividades de balde, pero cun límite de 20 prazas por curso (que cubriranse
por orde de inscrición).

O vindeiro día 16 comezará na Casa de Campás o curso
Dixitalización
de Negocio para PEME e ONG, no que Josefa Piñeiro Castro,
community manager e desenvolvedora web,
instruirá ao alumnado de coñecementos, destrezas e capacidades para ampliar un
negocio ou actividades sen ánimo de lucro, mediante a dixitalización da
actividade no contorno da Internet, empregando ferramentas e recursos de balde.
No mesmo enclave, o día 18 iniciará o curso
As
redes sociais e a protección de datos de carácter persoal, no que os
profesores Beatriz Blanco Sueiro, Gregorio Andión López e Miguel Abal González,
coa colaboración de José Luís Piñar e Vassileios Karagriorgos, analizarán e
profundarán no coñecemento da estrutura das principais redes sociais existentes
e avaliarán os riscos que leva adscritos. Estudarán o rol das redes sociais na
educación e tamén analizarán a normativa vixente en protección de datos, as
ferramentas e o alcance dos usuarios e outros recursos para previr os distintos
riscos que poidan derivar dun mal uso.
Tamén o día 18, pero desta volta na Facultade de Ciencias Sociais e da
Comunicación, principiará o curso
Incrementa
a túa visibilidade online, contando con
María Sáez Fernández e
Cristina Costa Acha no
apartado docente, e que busca que os alumnos adquiran as nocións necesarias
para deseñar unha estratexia de
marketing
dixital coa finalidade de incrementar a presenza, visibilidade e posicionamento
en liña, identificar as diferentes ferramentas de
marketing en liña e saber como crear e distribuír contidos
relevantes.
O último destes cursos tecnolóxicos sería o de
Programación
de xogos indies na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, que
botará a andar o día 23, pretenderá achegar conceptos básicos do deseño de
xogo, instruír na creación de personaxes, contornos, gráficos, ilustracións...
e incluso introducirá na programación, de xeito que os alumnos poderán chegas a
crear un videoxogo de seu valéndose da ferramenta
GameMaker. Este curso será impartido por
Beatriz Legerén,
Iria Carballo e
Adrián Santasmarinas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario