mércores, 3 de decembro de 2014

Radio ECCA ofrece preparación para a proba libre de ESO para adultos

Radio ECCA mantén aberta a matrícula en Lalín para a preparación da proba libre para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria (ESO) para Adultos. Poden matricularse todas as persoas que o desexen maiores de 18 anos. A entidade aplica a metodoloxía semipresencial con material didáctico propio e tutorías que se celebran os luns e martes pola mañá ou pola tarde no seu local de de o edificio da UNED, no polígono Lalín 2000.
A preparación da proba libre para a obtención do título de ESO organízase sobre o convenio establecido entre Radio ECCA e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Lalín. Outra formación ofrecida por Radio ECCA é o bacharelato en liña e cursos como manipulador de alimentos, Celga, inglés, francés ou alemán. O seu teléfono en Lalín é 645 91 02 18 e o correo electrónico, lalin@radioecca.net.

Ningún comentario:

Publicar un comentario