No primeiro semestre de 2014, en Galicia naceron 9.750 persoas pero morreron 15.888En Galicia, o saldo vexetativo xa era negativo no primeiro semestre de 2013, cunha perda poboacional de 5.967 persoas na autonomía. Agora, son case 200 máis. Pola contra, e en paralelo a este descenso, no conxunto de España incrementouse o número de nacementos por primeira vez desde 2010, cunha suba do 1%, até os 209.482 persoas. Malia un aumento das defuncións dun 3,5%, cun total de 207.445 persoas falecidas en España entre xaneiro e xuño, o saldo vexetativo é positivo.
Con todo, o crecemento da poboación segue en caída e alcanza o 70,5% en relación aos números rexistrados no primeiros seis meses do pasado ano. Respecto disto, o INE explicou que os primeiros semestres de cada ano caracterízanse por ter maior mortalidade e menor natalidade que os segundos semestres, polo que o saldo vexetativo esperado para 2014 é aínda positivo (ao termo do ano pasado foi de 35.296 persoas).
Galicia presenta unha das taxas máis baixas de fecundidade e é unha das autonomías onde a maternidade chega máis tarde (32,3 anos)Pero ademais, Galicia segue a presentar unha das taxas máis baixas de fecundidade do Estado, con 1,04 nenos por muller en idade féritil. Só é peor nas Canarias (0,99 fillos por muller) e Asturias (0,96). No mesmo sentido, o país tamén é unha das autonomías onde a maternidade chega máis tarde, aos 32,33 anos de media, segundo estes mesmos datos do INE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario