martes, 2 de decembro de 2014

A Mesa anima a apoiar a iniciativa "Herdo novo"

Por só un euro ao mes podemos contribuír a afortalar Irmandade.tv e Radiofusión, medios 100% en galego que pulan polo espallamento da lingua e da cultura galega.
 
Irmandade TV e Radiofusión están a impulsar unha iniciativa chamada "Herdo novo" que ten a ver coa investigación e difusión do noso pasado como pobo. Queren poñer o seu grao de area para que as actuais xeracións deixen de herdanza a fillos e netos (o herdo novo) unha lingua viva, un idioma forte e falado tamén en ámbitos urbanos. Para iso, lanzan esta campaña de busqueda de recursos para mellorar o equipo técnico de Irmandade Tv e mais para facer fronte aos gastos de persoal de Radiofusión.

Están a buscar 2000 colaboradores que acepten aboar un euro mensual para esta causa. Para se dar de alta hai que pór o número do Documento de Identidade e mais o número de conta, autorizando a que che saquen un euro mensual. Non hai comisións bancarias e vai todo para Irmandade Tv e Radiofusión.

Desde A Mesa apoiamos totalmente esta iniciativa e chamamos máis unha vez á implicación cidadá para afortalar os medios de comunicación en galego.

Tedes máis información desta campaña aquí:
  https://www.teaming.net/herdonovo

Ningún comentario:

Publicar un comentario