"Elevará o custe da formación universitaria para o estudantado porque os prezos de matrícula dos posgraos son superiores aos dos graos”Armesto explicou que o borrador deste Real Decreto foilles presentado ao reitores nunha reunión do Consejo de Universidades o pasado mes de xullo, causando "inquietude unánime pola súa transcendencia e a súa inoportunidade nestes momentos en que aínda están saíndo as promocións dos novos graos e sen valorar o actual sistema universitario de catro anos". O reitor da UDC denunciou no Claustro que se trata dun "cambio precipitado e inoportuno porque aínda non tivemos tempo de avaliar os resultados da implantación dos graos e, sobre todo, elevará o custe da formación universitaria para o estudantado porque os prezos de matrícula dos posgraos son superiores aos dos graos”.
Na xuntanza do Claustro Xosé Luís Armesto tamén deu conta do informe desfavorable do Consello Galego de Universidades á proposta de autorización de dúas titulacións, Arquitectura e ADE, do Cesuga, entidade adscrita á universidade privada San Jorge de Zaragoza, autorizadas pola Xunta posteriormente. Os reitores das tres universidades públicas amosaron a súa negativa a que este centro privado impartise titulacións oficiais destacando, entre outros aspectos, que os plans de implantación e crecemento do Cesuga chocaban contra as intencións do propio Goberno galego de racionalizar o mapa de graos e evitar a duplicidade de títulos. O Cesuga aspira tamén a contar cos graos de Publicidade e Relacións Públicas e Tradución e Comunicación Intercultural.
O reitor da UDC rexeitou a posible implantación en Sada dunha universidade portuguesa, e deu conta da oposición á aterraxe en Galicia da universidade privada San Jorge de ZaragozaAsí mesmo, o reitor da UDC amosou o seu rexeitamento ante a posible implantación en Sada dunha universidade privada portuguesa para impartir titulacións que xa se ofertan nos campus da Coruña e Ferrol, Enfermaría e Fisioterapia. A Universidade Fernando Pessoa pretende ocupar o edificio dun hotel abandonado para impartir alí estas titulacións, e espera chegar aos 300 alumnos e alumnas no primeiro ano, e aos 700 en tres anos. O proxecto conta co apoio do Concello de Sada.
Financiamento
A vicerreitora de Planificación Económica manifestou a súa intención de "pelexar na mesa de negociación" do novo Plan de FinanciamentoEn canto á situación económica da universidade e ao financiamento, a vicerreitora de Planificación Económica e Infraestruturas, Amalia Blanco, sinalou que ante a conxelación dos ingresos por parte da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña terá que botar man dos seu remanente de tesouraría, 2,3 millóns de euros, para equilibrar as contas. Blanco asegurou que a Universidade seguirá a priorizar o mantemento do persoal e as axudas e bolsas ao estudantado polo que haberá que facer máis axustes en gasto corrente e bens e servizos. A vicerreitora subliñou a suba substancial de ingresos de fondos conseguidos en convocatorias públicas competitivas de I+D+i tanto a nivel galego, como estatal e da Unión Europea.
Blanco adiantou as súas dúbidas de que unha posible mellora xeral da economía se traduza nunha mellora do financiamento das universidades por parte da Xunta. Denunciou que a Universidade da Coruña ten un dos financiamentos por alumno máis baixos no conxunto do Estado e manifestou a súa intención de "pelexar na mesa de negociación" do novo Plan de Financiamento para a reversión desta situación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario