CIG-Ensino tiña perante si un desafío nada fácil. Subir cando estás na cimeira do outeiro é sempre o máis difícil. ConseguiunoNon completariamos a fotografía axeitadamente se non nos referísemos a outro aspecto da cuestión. O profesorado non só xulgou a Xunta de Galiza, tamén submeteu a avaliación o traballo das distintas forzas sindicais que concorrían a este proceso. E aquí os resultados son tamén nidios: a CIG reforza a súa lideranza, mentres que CC OO e UGT baixan moi significativamente, até o ponto de cada unha delas perderen 6 delegados. Basicamente a escolla era entre un sindicalismo de clase e co centro de gravidade na Galiza como nación e un sindicalismo máis ben corporativista e de obediencia estatal, seguidista de dinámicas marcadas desde Madrid. O veredicto foi nidio: o profesorado galego quer dinámicas galegas, o profesorado galego está contra as políticas centralizadoras, o profesorado galego sintoniza coa necesidade de que, como defende a CIG, non só se derrogue a LOMCE, senón que o país se dote dunha Lei de Educación Propia.
Agora, cos resultados sobre a mesa, o conselleiro e a Xunta deberian tomar nota. Deberian entender que non é posíbel en democracia lexislar sobre o ensino contra o criterio da inmensa maioría do profesorado. Nen é lexítimo nen é eficiente para o sistema funcionar. O conselleiro -ou quen o substitúa, pois parece que Jesús Vázquez porá rumo cara á batalla eleitoral das municipais 2015- terá de se sentar a unha mesa a negociar cos representantes das traballadoras e dos traballadores cambios profundos no actual marco de relacións laborais e na orientación das políticas públicas en materia de ensino.
En síntese: CIG-Ensino tiña perante si un desafío nada fácil. Subir cando estás na cimeira do outeiro é sempre o máis difícil. Conseguiuno. Tiña razón esta quinta feira Anxo Louzao, o seu secretario nacional, cando cualificou os resultados, en conversa con Sermos Galiza, como extraordinarios. Sono.
Ningún comentario:
Publicar un comentario