"Parecíanos que ao ser dous medios audiovisuais as posibilidades de colaboración eran moitas", sinala Henrique Sanfiz, director de Radiofusión, que sinala que "o único obxectivo polo de agora é buscar esta vía de financiamento conxunto", pero que "non desbotamos que a colaboración vaia máis alá".
"Se as actuais xeracións lle queren deixar en herdanza aos seus fillos ou netos un idioma vivo, un idioma falado en ámbitos urbanos, son precisos medios audiovisuais"O funcionamento da campaña é moi sinxelo e emprega ua ferramenta de micromecenado Teaming. Todas as persoas que se inscriban comprométense a achegar 1 euros todos os meses, de forma ininterrunpida. O obxectiva é chegar ás dúas mil doazóns dun euro (2.000 euros mensuais) antes do 31 de decembro. A campaña vén de comezar e chegou aos 43 doantes. "Esta é unha campaña de captación de recursos novidosa nese senso. Cremos que é tipo de microfinanciamento asumible por todo o mundo e que que pode ser sostido no tempo", di Sanfiz.
"Partindo do poema de Manuel María e do concepto de herdanza, de que o idioma é un herdo, queremos transmitir a idea de que se as actuais xeracións lle queren deixar en herdanza aos seus fillos ou netos un idioma vivo, un idioma falado en ámbitos urbanos, son precisos medios audiovisuais", destaca Sanfiz, que sinala tamén as coincidencias de ambos os dous medios: "Somos medios cun compromiso coa sociedade, un compromiso que se traduce na defensa da sanidade e da educación pública, dos servizos sociais, nunha defensa do medios ambiente e do patrimonio e unha defensa por suposto da lingua e da cultura galegas"
Ningún comentario:
Publicar un comentario