Os bombeiros da Coruña foron un dos colectivos máis aplaudidos dos que participaron na manifestación, na que foron visíbeis dirixentes de AGE así como militancia de Podemos.
A santiaguesa Praza do Obradoiro foi o lugar escollido en Galiza para reunir os participantes nas Marchas da Dignidade, que segundo a organización xuntou a 7.000 persoas baixo o lema de “pan, traballo de teito”. Dirixentes de AGE e militancia de organizacións como Podemos, CUT ou CGT foron visíbeis nunha mobilización de carácter estatal durante a cal se pediu a convocatoria dunha folga xeral.@s manifestantes pediron a convocatoria dunha folga xeralActivistas de Stop Desafiuzamentos, persoal do Sergas ou de Correos ou traballadores de Lantero -afectados por un ERE- foron algúns dos colectivos que se deixaron ver no Obradoiro, onde o máis aplaudido foi o de Bombeiros da Coruña, que nesta semana se negou a participar nun despexo. Precisamente, un dos seus membros, Roberto Rivas -sancionado por non colaborar no lanzamento de Aurelia Rei e que intentou impedir o que ocorreu en Elviña hai uns días subido ao teito- foi unha das persoas encargadas de ler o manifesto, no que se afirmou que “non se pode permanecer calado namentres o Goberno do Estado premia con case 200 millóns de euros aos bancos ao tempo que rouba dereitos en educación, sanidade, vivenda, traballo, pensións e xustiza”.
“Sentimos noxo por ter un presidente indigno e ilexítimo manchado pola corrupción que mantén privilexios para a elite á vez que dous millóns de nenos e nenas pasan fame no Estado”, escoitouse tamén desde un escenario no que despois actuaron o monologuista Candido Pazó e os músicos Mini e Mero e Ataque Escampe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario