A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación non está a realizar as substitucións de orientación.
A CIG-Ensino puido comprobar que a
Consellaría está eliminando da páxina web as peticións de substitución
realizadas polos centros en que o profesorado de orientación está de
baixa ou permiso. Faino para aforrar unha contratación, escusándose en
que o persoal de orientación non ten docencia directa.
Deste xeito a Consellaría impide a realización do traballo de
orientación e seguimento do alumnado e deixa en evidencia cal é o seu
pensamento sobre este labor, fundamental nos centros e necesario para
reducir o fracaso escolar, algo que xa vén quedando patente cando a
Consellaría incrementa o número de unidades e centros que dependen de
cada departamento de orientación e recorta tanto o número de
orientadores e orientadoras como de profesorado de Pedagoxía Terapéutica
e Audición e Linguaxe.
A non cobertura das substitucións de
orientación implica que se vai deixar de realizar un importante labor
durante as avaliacións que se están a realizar neste mes e nas que o
departamento de orientación ten o cometido de facer o seguimento do
alumnado e propor as medidas de reforzo necesarias. Ademais, implica
que non se poderá facer o seguimento que precisa o alumnado con máis
necesidades de atención educativa.Por outro lado a decisión da Consellaría impide que o profesorado substituto demandante de emprego poida acceder a un posto de traballo temporalmente vacante.
A CIG-Ensino denuncia esta actitude da Consellaría e esixe que se cubran todas as baixas desde o primeiro día e en todos os casos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario