O Premio Xerais de novela chega á súa trixésimo primeira edición,
mentres que o Merlín de literatura infantil acada a vixésimo novena. No
entanto, a gran novidade desta edición é a refundación do premio de
literatura xuvenil, baixo a denominación de "Jules Verne". Para este
novo premio a editorial contará, ademais, coa colaboración do Ámbito
Cultural-El Corte Inglés.
O prazo de admisión dos orixinais das
tres modalidades será ata o 31 de marzo de 2014, mentres que o xurado,
cuxa composición se dará a coñecer no mes de maio, emitirá a súa
resolución no curso da Festa Xerais, que se celebrará o día 7 de xuño de
2014.
Textos inéditos
Os textos
presentados teñen que ser inéditos e totalmente orixinais, sen que
puideran ser comunicados, nin na súa totalidade, nin por partes, por
ningún tipo de procedemento. O premio en cada unha das modalidades
poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime, e a
decisión será inapelable.
De cada orixinal presentaranse seis
copias en papel, mecanografadas a dobre espazo e debidamente
encadernadas, acompañadas dun CD no que se incluirá a obra en formato
pdf.
Canda o orixinal, que deberá ser presentado baixo o lema e sen
ningún tipo de dato que identifique o seu autor, achegarase en sobre
pechado o nome completo, enderezo e teléfono do autor, así como o título
da obra. Os orixinais deben ser enviados aos locais sociais de Edicións
Xerais de Galicia S.A., rúa Doutor Marañón, 12, 36211 Vigo.
Bases da 31ª edición do Premio Xerais de novela.
Bases da 29ª edición do Premio Merlín de literatura infantil.
Bases da 6ª edición do Premio Jules Verne de literatura xuvenil.
Información tirada de Galicia Confidencial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario