A profesora K.M.E., docente no Centro Rural Agrupado A Picaraña podería ser sancionada ao se negar a participar no Festival de Nadal polo seu contido relixioso. K.M.E. anunciara previamente que non asistiría ao acto por motivos de consciencia e, no tempo do seu desenvolvemento, permaneceu no centro de traballo ao longo de todo o ano lectivo.
Os actos
producíronse despois do coñecido como Festival de Nadal, que foi o acto
ao que a profesora K.M.E. deciciu non asistir por teren introducido
motivos relixioso nos seus contidos, segundo denuncia Esculca. A
profesora queixárase diante do director do CRA xa no ano 2012 por
introduciren pezas musicais con motivos relixiosos no festival do ano
anterior, o que provocara a burla do responsábel do centro. Xa neste
curso escolar, en setembro de 2013, K.M. E. advertira da necesidade de
eliminar rasgos como o nome do festival, panxoliñas ou os Reis Magos
que, segundo fixo notar, atentaban contra a liberdade de conciencia.
A profesora, ao non seren atendidas as súas suxestións e continuar co mesmo modelo de Festival, comunicou ao centro nunha reunión de profesorado a súa decisión de non participar na actividade, o que fixo a data de 29 de novembro por escrito en carta dirixida ao director do centro. Propuña, no tempo, desenvolver os labores que a dirección lle encomende.
K.M.E. exponse agora, segundo advertiu a dirección do centro, a ser sancionada cun día de retención sen salario. Segundo denuncia Esculca, entidade á que a docente comunicou o acontecemento, K.M.E. tería alertado ao centro de que o deseño do festival vulneran o principio de neutralidade en materia relixiosa á que teñen obriga as institucións escolares. “K.M.E. salienta que situacións parecidas a esta, con realizacións de beléns viventes ou decoración dos centros con anxos e motivos relixiosas de este tipo, teñen lugar noutros centros da comarca, o que supón unha intromisión, de baixa intensidade mais continua, do ideario católico na vida escolar”, din desde Esculca.

Ningún comentario:
Publicar un comentario