mércores, 22 de xaneiro de 2014

Os tradutores galegos de Ubuntu, novo triunfo con poucos medios.

A comunidade galega de tradutores de Ubuntu conseguiu situar a lingua de Galiza no alto da clasificación a nivel mundial deste sistema operativo. É a primeira vez que o galego ocupa este lugar en porcentaxe traducida deste software: http://91.189.93.79:8081/stats/saucy. Lembrar que os tradutores de Ubuntu organízanse arredor do grupo de tradución de software libre Trasno e que toda colaboración é benvida.

Agradecemento e parabéns a todos os imprescindíbeis que contribúen altruistamente a ter un sistema operativo libre e en galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario