Os alumnos do CEIP volven participar nos Premios Muralla de Lugo.
O Concello de Agolada incluirá no Plan de Acción Municipal (PAM) da
Deputación as actividades da Mostra de Artesanía, que este ano cumpre a
súa 18ª edición. Será, como de costume, do 10 ao 12 de agosto, e
incluirá actividades paralelas como a Festa Medieval, o Certame de
Bandas de Música ou o Curso Internacional de Percusión. Agolada está
inmersa noutras iniciativas máis próximas no tempo como a participación
dos alumnos do colexio, por segundo ano consecutivo, nos premios de
redacción e debuxo Muralla de Lugo. Todas as creacións han de remitirse
antes do próximo 31 de marzo, polo que dende a Oficina de Información
Xuvenil (OMIX) se remitirá xa en febreiro o material necesario ao centro
educativo para que os nenos poidan concursar. Esta oficina tamén
recorda ás asociacións que ata o 7 de febreiro se poden pedir as axudas
que concede a Deputación.
Curso de bixutería
Ademais o próximo xoves, día 30, clausúrase o curso de bixutería, ao que acudiu unha decena de asistentes. De 18.00 a 20.00 horas expoñeranse na Casa de Cultura todas as pezas. Ao longo da tarde tamén se entregarán os diplomas de asistencia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario