A Central Sindical Independente e de
Funcionarios (CSI-F), xunto a outros sindicatos docentes e asociacións
de pais e nais --ANPE, FSIE, COFAPA e CONCAPA--, reclamaron o Ministerio
de Educación que poña en marcha un sistema de préstamo gratuíto de
libros de texto no desenvolvemento da Lei Orgánica para a Mellora da
Calidade Educativa (LOMCE).
Así llo piden nun manifesto que remitiron ao departamento de José
Ignacio Wert, e que recolle a reivindicación de Elena Alfaro, a nai que
impulsou esta campaña e que logrou a inclusión dunha disposición
adicional sobre o préstamo dos libros no texto da Lei.Por iso, e coincidindo coas negociacións cos axentes sociais para a posta en marcha da LOMCE, os sindicatos e asociacións consideran que chegou o momento de que o Ministerio de Educación e as Consellarías de Educación das comunidades autónomas desenvolvan "regulamentariamente e con urxencia" esta disposición adicional.
O desenvolvemento desta, segundo apuntan, debería axustarse "como mínimo" ao aprobado polas Cortes na Proposición non de Lei do 24 de setembro de 2013, que se refire á creación e mantemento dun sistema de préstamo gratuíto de libros de texto; a implantación de sistemas de préstamo de libros de texto na educación post obrigatoria; a esixencia de que os libros de texto non poidan ser substituídos durante un período mínimo de cinco cursos; e o desenvolvemento de materiais didácticos dixitais de apoio gratuítos.
Os sindicatos e asociacións subliñan a súa preocupación polas difíciles condicións económicas "que están a afectar gravemente a moitas familias obrigadas a realizar un gasto considerable nos materiais escolares solicitados aos alumnos".
Esta dificultade, segundo apuntan, verase agravada o próximo curso" ante a implantación da LOMCE, que "obrigará a modificar os textos de 180 materias", unha circunstancia que se suma a "a desaparición progresiva das bolsas e axudas ás familias".
No manifesto dirixido a Wert tamén reclaman o mantemento e reforzo das bolsas e axudas ás familias, a posta en marcha de políticas que promovan a igualdade de oportunidades de todas as familias independentemente do territorio no que residan, así como a participación activa dos axentes sociais e empresariais no proceso educativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario