As cousas pasan rápido e a memoria é fráxil. Diso se serve o goberno galego para volver tres anos despois, paseniñamente, a poñer sobre o tapete o desenvolvemento da Lei de convivencia. Estaba obrigado legalmente a facelo e non lle deu moito bombo, á vista dos precedentes de falta de negociación na elaboración e consenso da lei aprobada no 30 de xuño de 2011. O Consello Escolar de Galicia tratou este asunto o pasado día 16 de xaneiro, mais curiosamente nesas datas a web da Consellaría de Educación –e os medios de comunicación que se fan eco das novas do seu gabinete de prensa– dedicábase a publicitar un protocolo sobre o acoso escolar que publicara tres meses antes, sen no entanto dicir nin palabra deste futuro decreto, que obxectivamente é mais importante. Por que deixar pasar sen moito ruído este tema da convivencia, noutras ocasións tan aproveitado? Para non lembrar á opinión pública o escándalo que supuxo a tramitación da lei de convivencia. Refresquemos a memoria.
Por que deixar pasar sen moito ruído este tema da convivencia, noutras ocasións tan aproveitado? Para non lembrar á opinión pública o escándalo que supuxo a tramitación da lei de convivenciaO máis salientable da Lei de convivencia e participación da comunidade educativa (Lei 4/2011 de 30 de xuño, DOG 15/07/2011) foi a introdución da posibilidade de realizar consultas ás familias, para dar cobertura legal á polémica consulta sobre a lingua galega destinada a xustificar a vontade do goberno de frear en seco a normalización do galego, que con tantos atrancos e tan magros resultados estaba tendo lugar. Unha consulta, por certo, cuestionada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Outro aspecto relevante da Lei de convivencia e participación aprobada polo PP é que veu suplir o Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar de Galicia, asinado o día 30 de Xaneiro de 2007, Día Escolar pola Paz. Nun acto solemne, celebrado no Hostal dos Reis Católicos, fora referendado por máis de 35 entidades da comunidade educativa e as institucións, sobre a base compartida do acordo e do consenso, e rubricado na propia sesión polo daquela Presidente da Xunta, D. Emilio Pérez Touriño.
Outro aspecto relevante da Lei de convivencia e participación aprobada polo PP é que veu suplir o Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar de Galicia, asinado o día 30 de Xaneiro de 2007Ademais, regrésase a unha visión autoritaria da convivencia. Coa lei actualmente en vigor desapareceu o modelo integrado no que o centro tiña un papel activo con medidas integradoras do curricular e do organizativo, ao tempo que desarticulou o concepto democrático de disciplina, no que as normas e as consecuencias do seu incumprimento sexan produto da participación das persoas ou dos seus representantes nos diferentes ámbitos de convivencia escolar: a aula e o centro.
Esta lei foi rexeitada polo Pleno do Consello Escolar de Galicia por unha amplísima maioría, sen que este feito dera lugar á máis mínima reacción, modificación ou diálogo por parte do GobernoEsta lei foi rexeitada polo Pleno do Consello Escolar de Galicia por unha amplísima maioría, sen que este feito dera lugar á máis mínima reacción, modificación ou diálogo por parte do Goberno. Tres anos despois, o Goberno debe desenvolver tan nefasta lei e presenta o anteproxecto do decreto que a desenvolverá. No seu debate da semana pasada en Pleno, o Consello Escolar de Galicia aprobou un ditame no que destacan os seguintes acordos:
- Non incluír a aula de convivencia como recurso obrigatorio en todos os centros, dado que ordinariamente se ten convertido nunha “aula de castigo”. Deberán ser os centros os que regulen os mecanismos que consideren máis acaídos para as accións de disrupción, podendo este tipo de aulas ser un deles.
- Reforzar a colexialidade das decisións sobre convivencia. Aprobáronse emendas que atribúen aos órganos colexiados (comisión de convivencia e Consello Escolar) responsabilidades, iniciativas e controles das decisións dos órganos unipersoais de goberno.
- Dotar as iniciativas que se regulan no decreto de recursos materiais e humanos, para posibilitar que as súas disposicións se poidan cumprir en condicións dignas e non segundo o voluntarismo do profesorado e da comunidade educativa de cada centro.
- Incluír os Departamentos de Orientación nas comisións de convivencia dos centros.
- Diminuír o peso dos representantes da Administración no Consello para a Convivencia Escolar de Galicia e incluír representantes dos diferentes sectores da comunidade educativa, así como outros persoeiros que doten o consello dunha composición máis profesional.
O labor lexislativo debe ser permeable á opinión da sociedade nos temas concretos. Para iso existen os órganos de participación. Facelos inútiles é empobrecer a democraciaAtopámonos de novo cunha iniciativa presentada sen ningún tipo de consulta social, máis alá da que se produce preceptivamente nos organismos de participación e cunhas repercusións só formais. Mágoa que sexa así nun tema de extraordinaria sensibilidade social e apropiado para ser obxecto de certo consenso, que podería converter este decreto nun instrumento útil para a convivencia nos centros e non nunha norma máis.
Debemos agardar, aínda así, que os acordos do máximo órgano de participación dos diferentes sectores educativos en Galicia non sexan esquecidos pola Consellaría de Educación cando redacte definitivamente o decreto. De non ser así, estarase enviando á sociedade unha visión da democracia limitada ás consultas electorais. Efectivamente estas lexitiman o exercicio do poder, pero o labor lexislativo debe ser permeable á opinión da sociedade nos temas concretos. Para iso existen os órganos de participación. Facelos inútiles é empobrecer a democracia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario