Estas formación salientan que "determinadas leis", coma as de carácter educativo, "necesitan dunha ampla transversalidade de carácter ideolóxico"Participaron todos os grupos da oposición, agás UPyD, Foro Asturias e UPN. O acordo foi asinado por Alfredo Pérez Rubalcaba, Josep Antoni Duran Lleida; (CiU), Aitor Esteban (PNV), Caridad García (Esquerda Plural), Xabier Mikel Errenkondo (Amaiur), Joan Tardá (ERC), Olaia Fernández (BNG), Ana Oramas (CC), Joan Baldoví (Compromís) e Uxue Barkos (Geroa Bai). Os partidos acordaron que no primeiro período de sesións da próxima lexislatura traballarán para elaborar unha lei que conte "co máximo consenso" parlamentario e da comunidade educativa. E salientaron que "determinadas leis", coma as de carácter educativo, "necesitan dunha ampla transversalidade de carácter ideolóxico".
O texto consensuado denuncia que a lei supón "un ataque á igualdade de oportunidades", un "retroceso na equidade e a calidade da educación" e "unha clara transgresión das competencias das Comunidades Autónomas, chegando mesmo nalgúns casos á alteración do sistema lingüístico educativo". Para a portavoz do PSOE no Congreso, Soraya Rodríguez, a firma deste acordo é "o certificado de defunción da LOMCE", unha lei que "nacía morta, sen o consenso e o acordo necesario"
Ningún comentario:
Publicar un comentario