Esta consulta prodúcese despois de que o Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia (TSXG) declarase ilegal que a consulta aos pais
tivese carácter vinculante para decidir o idioma no que estudar. Así que
o que fai a Xunta agora é sondar a súa opinión sen ningunha obriga
legal, inda que posteriormente a Consellería de Educación elixirá o
idioma de acordo coa opinión maioritaria expresada na enquisa.
Xa que logo, para os efectos prácticos as diferenzas entre un e outro
modelo serán practicamente inexistentes. A única distinción é que antes o
resultado da consulta tiña que respectarse forzosamente, e agora a
Xunta toma a decisión de se axeitar aos seus resultados por decisión
política e voluntaria.
A polémica arrinca co decreto de
plurilingüismo da Xunta do PP. A norma foi recorrida e o TSXG anulou
dúas das súas disposicións. Unha delas é o artigo 5.2, que establecía
que a lingua materna en infantil se determinaría anualmente mediante
unha consulta ás familias. A sentenza non prohibe en si estas enquisas,
senón o feito de que do seu resultado derive directamente a elección da
lingua nas aulas, xa que esa decisión é de exclusiva competencia da
Administración.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa
advertira en marzo que se ía respectar a sentenza, pero que as consultas
se ían igualmente realizar, mais só con carácter informativo.
Máis información en Faro de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario