A Plataforma Estatal pola Escola Pública pediu por
carta ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que retire a Lei Orgánica de
Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e cese o ministro de Educación, José
Ignación Wert, aínda que advirte de que "non" se trata dun proxecto de Lei que
obedeza ás ideas peregrinas dun mal ministro, senón que é a contrarreforma do
Goberno e do Partido Popular".
"Vostedes intentarán que a contrarreforma siga adiante se só existe un mero
cambio de ministro, a pesar de que a inmensa maioría dos cidadáns se manifestou
claramente en contra desta", criticaron dende a Plataforma, que insisten en
negar que se escoitase as achegas do resto de actores na elaboración da LOMCE.
"Non existiu nunca a intención de lograr o devandito obxectivo e o resultado é
que só existiu desprezo absoluto polo que puidese achegar calquera entidade ou
persoa que realizase a máis mínima crítica á reforma", engade o texto. Así mesmo, a Plataforma insiste ao presidente en que "tampouco convencerán xa a ninguén, por moito que se repita, dicindo que a LOMCE pretende incentivar a igualdade de oportunidades,". Neste sentido, asegura que "para quen coñeza o contido desta, non xa mil veces, nin un millón de repeticións serán suficientes para facer verdade esa falsidade".
Desta forma, a carta engade que "a reforma só é ambiciosa dende o punto de vista do negocio educativo que algúns farán". Por iso, a Plataforma reclama que non use ao alumnado e as súas necesidades para xustificar o cambio de modelo social que están a protagonizar, educación incluída" e conclúe que "o paro xuvenil actual, como o do resto das persoas que se encontran nesa situación, non é culpa do sistema educativo".
"O paro é culpa da situación económica global no que nos meteron as políticas neoliberais que o seu partido defende e que vostede está a aplicar sen ningún tipo de miramento no noso país. A súa política de recortes lévanos ao suicidio social. Temos un mercado laboral que desapareceu e, por outro lado, a xuventude mellor formada da nosa historia. Por iso, os países que ofertan emprego lévanse aos nosos titulados, sentencia a misiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario