O pasado venres o Diario Oficial de Galicia publicaba, cun mes de atraso a respecto do ano anterior, a orde de axudas para contribuír ao sostemento económico destes comedores escolares, que atenden a case 12.000 alumnos nuns 170 centros educativos. Ademais de chegar con demora e cando o curso xa rematou a Consellería de Educación inclúe na convocatoria unha tesoirada do 14% a respecto da precedente, pero de máis dun 45% se a referencia son as axudas do curso 2009-2010, o primeiro que lle tocou xestionar ao gabinete de Feijóo. Daquela o departamento que dirixe Jesús Vázquez dotou as axudas con 1,1 millóns de euros.
As axudas pasaron de superar o millón de euros a quedar en 600.000 no curso que vén de rematarNo segundo curso co PP ao mando, o 2010-2011, as axudas non só non minguaron, senón que foron aumentadas levemente. Despois de que o Executivo asegurase que eliminaba os manuais escolares de balde para aforrar e que eses cartos se ían destinar, entre outras fins, a comedores, estes subsidios pasaban a estar financiados con 1,2 millóns de euros. Pero a alegría durou pouco na casa do pobre e no curso 2011-2012 a dotación orzamentaria caía en picado ata os 700.000 euros. Así estiveron ata este ano, cando os pais e nais saben que a axuda do curso acabado de rematar quedou en 600.000 euros.
Mentres diminúe as axudas a Xunta complica tamén o acceso ás mesmas pola vía do incremento da burocracia. Así, para xustificar as axudas desta volta cumprirá, ademais dunha "conta xustificativa de gastos e ingresos", cunha declaración de actividades e do custo de cada unha e copias "das facturas ou doutros docuemntos de valor probatorio", unha "declaración do número de usuarios reais" do comedor, coa "súa repartición por nivel educativo" e unha "desagregación" na que cada ANPA debe especificar se os nenos e nenas que van ao comedor son fixos, discontinuos ou eventuais, isto é, se xantan no colexio a diario, uns días concretos da semana ou só de cando en vez.
Orde de axudas
Ningún comentario:
Publicar un comentario