martes, 9 de xullo de 2013

A CIG-Ensino denuncia que Educación se adianta á aplicación da LOMCE e comeza eliminar competencias do Consello Escolar

A consellaría enviou aos centros novas instrucións que limitan ás direccións dos centro sas contratacións da xestión do servizo de cafatería.

 A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación adiántase á aplicación da LOMCE e comeza a eliminar competencias dos Consellos Escolares dos centros. De feito enviou aos centros novas instrucións para realizar este curso a contratación do servizo de cafetería en todos os Institutos de Galiza, poñendo fin aos contratos que estiveron en vigor durante este curso. O contrato de xestión terá unha duración dun curso
académico.
A CIG-Ensino critica que estas instrucións establezan que a adxudicación da cafetería teña que facela a dirección do centro, sen someter a decisión ao Consello Escolar, que até o de agora era o organismo en que se realizaba a adxudicación. Denuncia que esta instrución da Consellaría de Educación é o inicio do recorte das competencias do Consello Escolar e, por tanto, “un adianto abusivo da aplicación da LOMCE que aínda está en trámite no Parlamento Español”.
Indica ademais que á Consellaría de Educación “parece que non lle chega o tempo para poñer en práctica os elementos máis antidemocrátricos da Lei e xa se adianta aplicándoos á contratación da xestión do servizo de cafetería,  obrigando a que a decisión sexa tomada exclusivamente pola dirección do centro”.
Ao entender da CIG-Ensino, establecer unha periodización anual significa sobrecargar o traballo burocrático das direccións todos os anos no final do curso.
Deste xeito, a Consellaría de Educación restrinxe a participación colectiva dos órganos de goberno e implanta o funcionamento en base a deíacisións unilaterais poñendo en evidencia o seu talante antidemocrático.

Ningún comentario:

Publicar un comentario