Dos 15 primeiros postos para atinxir estes galardóns, 12 son alumn@s de centros públicos e 3 de centros privados.
O ministro Wert insiste en conceptos como 'excelencia' e 'competitividade' para disfrazar/xustificar o que desde a comunidade escolar se denuncia que non é máis que unha privatización do ensino público. Os parámetros do ministro español parten da súa insistencia en que o actual sistema público de educación non é 'execelente' nin 'competitivo'.Mais, e como lembran desde as asociacións de nais e pais da Costa da Morte, até neses parámetros nos que gosta de debater Wert, as súas teses e ideas saen derrotadas. Na cualificación provisional obtida nos exames para concorrer aos Premios Extraordinarios de Bacharelato do ano 2.013 o ensino público meteu unha goleada das de facer historia.
Cómpre lembrar que a este premio presentáronse 800 alumn@s de centros públicos e privados de toda Galiza. Para poder participar nestas probas debe obter unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos (media de sobresaliente).
Pois ben, nos 15 primeiros postos hai 12 centros de ensino público e só tres privado. O primeiro posto dos 20 premios de bacharelato conségueo un alumno do IES Lama de Quendas de Chantada (Lugo). O segundo, unha alumna do IES Agra de Leborís da Laracha (Costa da Morte).
Ningún comentario:
Publicar un comentario