O albergue de Mouriscade "Vicente Agulló" dixo adeus ao campamento de
inmersión lingüística "A tour of the world" organizado pola Federación
Provincial de Anpa de Centros Públicos de Pontevedra. Medio centenar de
estudantes participaron nunha iniciativa que tivo unha duración de sete días, e
na que a temática principal foi un paseo polo mundo utilizando sempre a lingua
inglesa como ferramenta de traballo. Alumnos de ESO e Bacharelato aprenderon os
costumes e tradicións dos distintos lugares que percorreron durante a
celebración deste campamento lúdico-temático.
Ningún comentario:
Publicar un comentario